A cámara escura é un instrumento óptico capaz de obter a proxección plana dunha imaxe sobre parte da súa superficie interior. Constituíu un dos dispositivos ancestrais que conduciron ao desenvolvemento da fotografía. Consiste nunha gran cámara hermeticamente pechada na que entran os raios de luz reflectidos polos obxectos do exterior unicamente a través dun pequeno orificio practicado nunha das súas paredes. O orificio funciona como unha lente converxente e proxecta na parede oposta unha imaxe do exterior investida vertical e horizontalmente
3/2/08
22/12/07
Tracy Chevalier. La joven de la perla.
Na segunda metade do século XVII, o pintor holandés Johannes Vermeer inmortalizou nunha tea a unha fermosa rapaza adornada cun turbante e un pendente de perla. Os seus beizos semellan esbozar un sonriso sensual, pero os seus ollos irradian a tristeza máis profunda.
Coñecido como a "mona Lisa holandesa", detrás deste enigmático rostro escóndese Griet, unha moza de orixe humilde que aos dezaséis anos entra a traballar na casa do artista.
A "Joven de la perla" é a historia dunha fascinación, de como xurde un sentimento que se move entre a admiración e o amor. Unha fermosa novela sobre o despertar á vida e a arte.
Johannes Vermeer de Delft
Non son moitos os datos que temos da vida de Vermeer e o seu contorno familiar. Sabemos que o seu avó materno, Balthasar Claesz. Gerrits era reloxeiro.O seu pai, Reyner Janszoon Vos, nacera en 1591, posiblemente en Amberes, trasladándose aos 20 anos a Amsterdam para especializarse no tecido da seda. Casou en 1615 con Digna Baltens e ao pouco tempo instaláronse en Delft, onde alugaron unha hostería de nome "Vos" -o raposo, en referencia ao seu apelido-, sen abandonar os traballos de tejedor. Tamén se dedicou ao comercio de obxectos artísticos.
Non dispomos de ningún documento que faga referencia á aprendizaxe artística de Johannes. Só coñecemos que o 29 de decembro de 1653 era admitido como mestre no gremio de San Lucas de Delft. Jan contrae matrimonio o 20 de abril de 1653 con Catharina Bolnes, en Schipluy, pequeno pobo próximo a Delft. Catharina era filla de Maria Thins, muller que gozaba dunha aceptable posición económica, que nun primeiro momento opúxose ao matrimonio, tanto por razóns financeiras como relixiosas, xa que ela e a súa familia profesaban o catolicismo mentres que os Vermeer eran calvinistas. A situación económica dos Vermeer parece bastante boa xa que non presenta dificultades para alimentar aos seus quince fillos, aínda que catro deles falecesen a idade temperá.

Vista de Delft, 1661
A Leiteira 1660-61
O Xeógrafo,1668-69 h
A carta de amor,1669-70
Todas as súas obras: 37 cadros
Vía Enseñ-arte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)