3/2/08

A cámara escura e Vermeer

A cámara escura é un instrumento óptico capaz de obter a proxección plana dunha imaxe sobre parte da súa superficie interior. Constituíu un dos dispositivos ancestrais que conduciron ao desenvolvemento da fotografía. Consiste nunha gran cámara hermeticamente pechada na que entran os raios de luz reflectidos polos obxectos do exterior unicamente a través dun pequeno orificio practicado nunha das súas paredes. O orificio funciona como unha lente converxente e proxecta na parede oposta unha imaxe do exterior investida vertical e horizontalmente