22/12/07

Johannes Vermeer de Delft

Non son moitos os datos que temos da vida de Vermeer e o seu contorno familiar. Sabemos que o seu avó materno, Balthasar Claesz. Gerrits era reloxeiro.O seu pai, Reyner Janszoon Vos, nacera en 1591, posiblemente en Amberes, trasladándose aos 20 anos a Amsterdam para especializarse no tecido da seda. Casou en 1615 con Digna Baltens e ao pouco tempo instaláronse en Delft, onde alugaron unha hostería de nome "Vos" -o raposo, en referencia ao seu apelido-, sen abandonar os traballos de tejedor. Tamén se dedicou ao comercio de obxectos artísticos.

Non dispomos de ningún documento que faga referencia á aprendizaxe artística de Johannes. Só coñecemos que o 29 de decembro de 1653 era admitido como mestre no gremio de San Lucas de Delft. Jan contrae matrimonio o 20 de abril de 1653 con Catharina Bolnes, en Schipluy, pequeno pobo próximo a Delft. Catharina era filla de Maria Thins, muller que gozaba dunha aceptable posición económica, que nun primeiro momento opúxose ao matrimonio, tanto por razóns financeiras como relixiosas, xa que ela e a súa familia profesaban o catolicismo mentres que os Vermeer eran calvinistas. A situación económica dos Vermeer parece bastante boa xa que non presenta dificultades para alimentar aos seus quince fillos, aínda que catro deles falecesen a idade temperá.

Create Your Own
Os especialistas consideran que Jan non só vivía dos ingresos da pintura, xa que non executaba máis de dúas obras ao ano. Apúntase á regencia da hostería como segunda actividade, a pesar de non estar documentado, e ata ao comercio de obras de arte, seguindo tamén o negocio familiar. O seu prestixio social chegará ao seu punto culminante cando sexa elixido síndico do gremio de San Lucas en 1662, cargo que tamén ocupou oito anos máis tarde.

Maria Thins, a sogra de Vermeer, tiña tamén unha máis que aceptable posición económica ao obter importantes rendas dos seus inmobles, leiras de labranza e os créditos que concedía. Un inventario notarial de 1676 dá conta dunha ampla lista de roupa, pinturas, mobles e obxectos de uso doméstico, aludindo ás once habitacións da casa na que habita, casa que era compartida cos Vermeer. O pintor e a súa familia vivían nas habitacións inferiores, habilitando as superiores como estudo, onde se situaba a maciza mesa de carballo que aparece en moitas das súas teas. Vermeer empeza a vender cada vez menos cadros e o negocio da hostería decae ata o punto de ter que alugala por 180 florines anuais. En 1875 Jan fai unha viaxe a Amsterdam para solicitar un crédito de 100 florines. A súa propia muller alude á situación do pintor: "Por esta razón -a guerra contra Francia- e por mor dos grandes gastos ocasionados polos nenos, que el xa non podía afrontar, caeu nun estado de melancolía tan profundo e as súas forzas abandonáronlle ata tal punto, que no prazo de día e medio caeu enfermo e morreu".

Jan Vermeer era enterrado o 15 de decembro de 1675 no panteón familiar da Oude Kerk de Delft, deixando once fillos menores de idade e a unha viúva nunha pésima situación financeira, polo que Catharina Bolnes houbo de solicitar ante o Tribunal Supremo da Haia a renuncia da súa herdanza a favor dos seus acredores e a xestión dos seus bens. Antoni van Leeuwenhoek era nomeado administrador dos bens dos Vermeer. O 24 de febreiro do ano seguinte, Catharina vendía un dos dous cadros que posuía do seu esposo: a Arte da pintura. En 1688 Catharina Bolnes falecía sen poder contemplar a venda da maioría dos cadros do seu esposo, celebrada nunha poxa en 1696, alcanzando prezos moi elevados como os 200 florines pola Vista de Delft ou os 150 florines da Tasadora de perlas

Preme nas seguintes obras para obter máis información de cada cadro:

Joven con perla, 1665-1666








A Leiteira 1660-61












O Xeógrafo,1668-69 h






Todas as súas obras: 37 cadros
Vía Enseñ-arte

1 comentario:

Anónimo dijo...

Aun a estas alturas sigo pensando en como se las apañaban para elaborar cuadros tan realistas y con tantos detalles en aquellas épocas...